- Back to Home »
- Estatutos
Posted by :
Lia Tales
lunes, 14 de abril de 2014
CAPÍTULO I
DA ASOCIACIÓN EN XERAL
Artigo 1º
1.-Procédese á creación da asociación denominada “ASOCIACIÓN CULTURAL NOBUNAGA”.
2.-A asociación rexerase
polos devanditos estatutos, pola Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo,
reguladora do dereito de asociacións e pola demais lexislación existente en
materia de asociacións que lle sexa aplicable.
Artigo 2º.- O
domicilio principal e permanente da
asociación
radicará na localidade de Ourense, E-mail asocinobunaga@gmail.com
Artigo 3º.- A asociación en
funcións dos seus fins e do emprazamento do seu domicilio social, exercerá
fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial da Provincia de
Ourense .
Artigo 4º.
1.-A asociación
constitúese por tempo indefinido e só se disolverá, conforme a estes estatutos,
pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral Extraordinaria ou polas
causas previstas na lexislación vixente.
2.-A asociación rexerase
segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto
do ordenamento xurídico.
Artigo 5º
1.-Son fins principais
da asociación:
a.) Promover o
cómic e a cultura xaponesa e outras relacionadas con ela (China, Corea,
Taiwán…) a través de proxeccións, xogos
e charlas informativas dedicadas ós afeccionados e a aqueles que non o
son.
b.) Promover a
unión e amizade entre os afeccionados ó xénero así como a tolerancia e respecto
ós afeccionados ó manganime (cómic e animación xaponesa).
2.- Para
levar a cabo os seus fins, poderá a Asociación organizar actividades lúdicas,
sociais, deportivas e culturais.
Os beneficios que se
obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ó cumprimento destes
fins, sen que se poidan repartir entre os asociados nin outras persoas físicas
ou xurídicas con interese lucrativo.
CAPÍTULO II
DOS ASOCIADOS
Artigo 6º.
1- Poderán ser integrantes da asociación todas aquelas persoas
físicas, con plena capacidade de obrar que voluntariamente o desexen e
soliciten e as persoas xurídicas tralo acordo do seu órgano competente, que non
teñan débedas pendentes coa asociación e non tiveran problemas de conducta con
anterioridade nesta ou noutras asociacións.
2.- Poderán ser
integrantes da asociación na súa sección xuvenil,
os menores non emancipados de máis de 14 anos co consentimento, documentalmente
acreditado, das persoas que deban supli-la súa capacidade e ata os 29 anos de idade.
3.-Os acordos de
admisión de asociados e asociadas tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida
a petición por escrito da persoa que desexa ser admitida, tras comprobar que
cumpre os requisitos esixidos nestes estatutos nun prazo non superior a dez
días hábiles dende a súa entrega ó Secretario.
Artigo 7º.- Dentro da asociación
poderán existi-las seguintes clases de asociados:
a)
Fundadores, aquelas persoas que
subscribiron a acta fundacional.
b)
Honorarios, aquelas persoas que
pertencían á Asociación Xuvenil Kamakura que transpasan a súa membresía e están
exentos de cota de alta.
c)
Numerarios, aquelas persoas que
ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional.
d)
Xuvenís, aquelas persoas de entre 14 e 29 anos que
participen na asociación, que estarán integradas na sección xuvenil, no seu caso.
Artigo 8º.
1.-A condición de asociado pérdese:
1) Por vontade propia.
a)
Esta petición realizarase por
escrito en reunión da Xunta Directiva que acordará a baixa sen máis trámites.
2) Por falta de pago de 4 cotas semestrais ou 2 anuais.
3) Por incumprimento das súas obrigas ou a realización de accións que
prexudiquen gravemente ós intereses da Asociación, previo expediente
disciplinario, con audiencia do interesado.
4) Por falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.
2.-A expulsión de
asociados e asociadas nos supostos dos apartados 2 e 3 do parágrafo anterior,
será acordada pola Xunta Directiva, logo da audiencia do interesado. O acordo
de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral Extraordinaria e contra
a súa resolución poderase recorrer ante a xurisdición ordinaria.
3.- Os asociados/as
poderán pedir a separación temporal por escrito. A Xunta Directiva poderá
acordar a separación temporal dun asociado cando se está a tramitar un
expediente sancionador, ou concorran causas xustificadas que o aconsellen,
tales como o atrase no pago dalgunha cota, ou comportamentos que afecten á boa
marcha dalgún dos fins da Asociación. O expediente sancionador recollerase no
Regulamento de réxime Interno, pero en todo caso á Resolución poderase recorrer
perante a xurisdicción ordinaria.
4.- Os asociados/as que
non cumpran a cotas serán separados temporalmente durante dous meses, no que
poderán participar nas actividades da asociación. Despois de este período de
tempo a Xunta Directiva decidirá se son expulsados ou se alarga o prazo.
Artigo 9º.- Os asociados e
asociadas teñen os seguintes dereitos:
1. Participar nas
actividades da asociación e nos órganos de goberno e representación, exerce-lo
dereito de voto, así como asistir á Asemblea xeral, de acordo cos estatutos.
2. Ser informado da
composición dos órganos de goberno e representación da asociación, do seu
estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.
3. Ser oído con carácter
previo á adopción de medidas disciplinarias contra el e ser informado dos
feitos que dean lugar ás ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu
caso, impoña a sanción.
4. Impugna-los acordos
dos órganos da asociación que estime contrarios á lei ou ós estatutos.
5. Ter copia destes
Estatutos.
6. Facer suxerencias ós
membros da Xunta Directiva en orde de mellorar o cumprimento dos fins da
Asociación.
7. Beneficiarse dos
descontos que a Asociación estime oportunos previamente acordados en Asamblea
Xeral.
8. Os asociados e
asociadas xuvenís poderán asistir ás asambleas con voz e voto pero non poderán
formar parte da xunta directiva aqueles menores de 18 anos.
Artigo 10º.- Son obrigas dos
asociados e asociadas:
1. Comparti-las
finalidades da asociación e colaborar para a súa consecución.
2. Paga-la cotas que se
establezan.
3. Desempeña-los cargos
para os que foron elixidos.
4. Acatar e cumpri-los
acordos validamente adoptados polos órganos de goberno e representación da
asociación.
5. Acata-lo contido dos
estatutos.
6. Ter
unha boa conduta individual e cívica.
CAPÍTULO III
DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN
Artigo 11º.- A dirección e
administración da asociación serán exercidas polo Presidente, a Xunta Directiva
e a Asemblea Xeral.
Artigo 12º.
1.-O presidente da
asociación será designado pola Asemblea Xeral entre os asociados que teñan polo
menos un ano de antigüidade na asociación e o seu mandato durará 4 anos con
posibilidade de reelección. Será asistido nas súas funcións por un
vicepresidente, que o substituirá nos casos de vacante, ausencia ou
enfermidade.
2.-O presidente terá as
seguintes atribucións:
a)
Representa-la asociación diante
de calquera organismo público ou privado.
b) Convocar e presidi-las sesións
que celebre a Xunta Directiva; presidi-las sesións da Asemblea Xeral;
dirixi-las deliberacións dunha e outra, decidindo con voto de calidade, en caso
de empate.
c)
Executa-los acordos adoptados
pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.
d)
Ordena-los pagamentos acordados
validamente.
e)
Asina-las actas, certificados,
pagos e outros documentos da asociación xunto co secretario ou membro da Xunta
Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento de que se trate.
f)
Propoñer o plan de actividades
da asociación á Xunta Directiva, impulsando e dirixindo as súas tarefas.
Artigo 13º.
1.-A Xunta Directiva estará formada polo presidente da asociación,
un vicepresidente, un secretario, un tesoureiro e un número de vogais estipulado en réximen interno.
2.-Os cargos que
compoñen a Xunta Directiva serán desempeñados de forma gratuíta, sen prexuízo
do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados en que poidan
incorrer por actuacións relacionadas coa asociación. As persoas elixidas para estes
cargos deberán carecer de interese económico nos resultados da actividade
levada a cabo pola asociación.
3.-A Asemblea Xeral será
a competente para elixi-los cargos da Xunta Directiva. A súa duración será por
un período de 4 anos, aínda que poden ser obxecto de reelección
indefinidamente.
4.-Os cargos cesarán na
súa función por:
a) falecemento da persoa física ou extinción da persoa
xurídica.
b) renuncia voluntaria.
c) transcurso do prazo para o que foron elixidos.
d) acordo de cesamento de
toda a Xunta Directiva adoptado por 2/3 dos asociados reunidos en Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal
efecto.
e) por inactividade ou
abandono da comunidade autónoma de Galicia da persoa física/xurídica nun
período superior a 6 meses.
A renuncia e o transcurso do prazo non dan lugar ó cese automático, senón
que se deberá facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de
documentación e posta ó día do sucesor, salvo na sección e) do punto 4 do artigo 13º no que sí se cesará automáticamente .
5.- Procedemento para a
elección da Xunta Directiva:
a) A presentación de candidaturas para Presidente farase por escrito ó
Secretario nun prazo de tres días antes do comezo da Asamblea Xeral. Incluirá a
firma de a lo menos catro asociados que a propoñan e a conformidade do
candidato. As candidaturas faránse públicas pola Secretaría.
b) O secretario e o Tesoureiro son elixidos pola Xunta Directiva de entre
os sete compoñentes.
c) As vacantes que se puideran producir durante o mandato de calquera dos
membros da Xunta Directiva, serán cubertas provisoriamente entre os ditos
membros ata a elección definitiva pola Asemblea Xeral. En calquera caso, a
Xunta Directiva debe estar integrada como mínimo por 3 persoas, que exercerán
as funcións de presidente, secretario e tesoureiro.
Artigo 14º.-A Xunta Directiva terá
as seguintes atribucións:
1.Programar e dirixi-las
actividades asociativas.
2.Leva-la xestión
administrativa e económica da asociación.
3.Someter á aprobación
da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de
contas do ano anterior.
4.Convocar e fixa-la
data da Asemblea Xeral.
5.Propoñer á Asemblea
Xeral a fixación de cotas ordinarias e extraordinarias para os asociados.
6.Designa-las comisións
de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da
asociación.
7.Ditar normas
interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente
asignadas á Asemblea Xeral.
8.Resolver sobre as
solicitudes de ingreso de novos asociados.
9.Propoñe-lo plan de
actividades da asociación á Asemblea Xeral para a súa aprobación, impulsando e
dirixindo as súas tarefas.
10.Resolve-los
procedementos disciplinarios que se instrúan.
11.Aquelas que non veñan
atribuídas expresamente á outro órgano da asociación.
Artigo 15º.
1.-A Xunta Directiva será convocada polo presidente, a iniciativa
propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes.
2.-Para que os acordos
da Xunta Directiva sexan válidos, deberán ser adoptados pola maioría de votos
dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia, polo menos, da metade máis un
dos seus membros e, en todo caso, do presidente ou vicepresidente e o
secretario ou persoa que o substitúa.
O secretario ou, no seu
defecto, o vocal que o substitúa, levantará acta das sesións, que se
transcribirá ó libro de actas.
Artigo 16º.- Os membros da Xunta
Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituír, co fin
de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de
acadar delas as informacións necesarias. Formarán parte das ditas comisións o
número de asociados que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus
respectivos presidentes.
Artigo 17º.- A Asemblea Xeral de asociados e asociadas é o órgano de expresión da
vontade da asociación e estará formada por tódolos integrantes da mesma. O
presidente e o secretario da asemblea serán tamén o presidente e secretario da
Xunta Directiva.
Artigo 18º.- A Asemblea Xeral
reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ó ano, e con carácter
extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 10%
dos socios. Neste último caso realizarase por medio de escrito dirixido ó
presidente, autorizado coas firmas dos solicitantes, no que se expoña o motivo
da convocatoria e a orde do día.
Artigo 19º.- A Asemblea Xeral Ordinaria
reunirase necesariamente nos 4 primeiros meses do ano. Tanto a Asemblea
Ordinaria como a Extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación
polo/a presidente/a da Xunta Directiva.
A notificación farase
nos locais , sitios web ou medios de información da asociación , así como por envío dun correo electrónico ó
mail facilitado polos asociados.
Artigo 20º.- Serán competencias da
Asemblea Xeral Ordinaria:
1.
Aproba-lo plan de actividades.
2.
Examinar e aproba-las contas e
balances do exercicio anterior.
3.
Aproba-los presupostos de
ingresos e gastos para cada exercicio.
4.
Exame e aprobación das cotas.
Artigo 21º.- Serán competencias da
Asemblea Xeral Extraordinaria:
1. Modifica-los estatutos da
asociación.
2. Elixir e cesa-los membros
integrantes da Xunta Directiva.
3. Aproba-la federación con outras
asociacións.
4. Autoriza-lo alleamento, gravame ou
hipoteca de bens sociais.
5. Acorda-la disolución da asociación.
6. Designa-los/as liquidadores/as.
7. Ratifica-la expulsión de asociados e
asociadas a proposta da Xunta Directiva.
8. Solicita-la declaración de utilidade
pública da asociación.
9. Aproba-lo regulamento de réxime
interno da asociación.
10. As que sendo de competencia da asemblea
ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan espera-la súa
convocatoria, sen grave prexuízo para a asociación.
11. Tódalas competencias non conferidas
expresamente á Asemblea Xeral Ordinaria ou á Xunta Directiva.
Artigo 22º. A Asemblea Xeral quedará
validamente constituída sempre que concorran a metade máis un dos asociados na
primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con
calquera número de asistentes pero, en todo caso, coa presenza do presidente ou
vicepresidente e o secretario ou persoa que o substitúa.
Artigo 23º.- Os acordos adoptados
deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados,
excepto os relativos os apartados 1 ó 7 do artigo 21º, que requirirán maioría
de dous terzos. A continuación levaranse os acordos ó libro de actas e asinará
o/a presidente, o/a secretario/a da asemblea. A acta deberá ser lida na
seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada por maioría dos
presentes.
Artigo 24º.- Os acordos adoptados
conforme os preceptos anteriores obrigarán a tódolos/as asociados/as, incluso
ós/ás non asistentes.
As sesións abriranse
cando así o determine o presidente. Seguidamente se procederá por parte do
secretario á lectura da acta da Asemblea anterior que deberá ser aprobada.
Posteriormente o
secretario procederá a presentar a orde do día. Cada punto será informado polo
membro da Xunta Directiva que lle corresponda, procedéndose ó debate e a
aprobación dos correspondentes acordos nos termos contidos nestes estatutos,
segundo a materia de que se trate.
Artigo 25º.- Os acordos que vaian
contra estes estatutos ou infrinxan os fins da asociación poderán ser recorridos
en reposición diante da Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de
reposición, quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdición
ordinaria.
Artigo 26º.- 1. O secretario
recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro
rexistro de asociados e terá ó seu cargo a dirección dos traballos
administrativos da entidade. Correspóndelle así mesmo notifica-las
convocatorias e custodia-las actas e expedir certificacións desta co visto e
prace do presidente. O secretario tamén levará o inventario dos bens da
asociación nun libro establecido para este efecto.
2. Nos casos de
ausencia, vacante ou enfermidade do secretario, o presidente designará entre os
vocais a un que desenvolva esta función.
Artigo 27º.- 1. O tesoureiro recadará
e custodiará os fondos pertencentes á asociación, dará cumprimento ás ordes de
pagamento que expida o presidente, levará a contabilidade da asociación, tomará
razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, elaborará o
borrador de orzamentos da asociación así como as contas de resultados e
balances.
2. O tesoureiro ten a
obriga de proceder ó peche do exercicio orzamentario antes do 15 de decembro,
co fin de que as contas estean a disposición dos membros da asociación nos
quince días anteriores á celebración da Asemblea Ordinaria.
Artigo 28º.- O número de vogais rexerase por réximen interno e terán as
seguintes atribucións:
1.
Realizar programas e propostas
na súa área de actuación.
2.
Desempeña-los traballos que lle
sexan encomendados pola Xunta Directiva.
CAPÍTULO IV
RÉXIME ECONÓMICO
Artigo 29º.- A asociación dispón dun
patrimonio de 5 euros. O peche do exercicio económico coincidirá co do ano
natural.
Artigo 30º.- A asociación funcionará
en réxime de presuposto anual, con partidas diferenciadas de ingresos e gastos.
O borrador de presuposto será elaborado polo tesoureiro da asociación, que
deberá de telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano, co fin de que
poida ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria.
Artigo 31º.- A asociación manterase
dos seguintes recursos:
1.
As cotas periódicas dos/as
asociados/as.
2.
As cotas extraordinarias que
propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola asemblea.
3.
As doazóns ou subvencións que
poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.
4.
Os ingresos que se poidan
recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.
5.
Calquera outro ingreso admitido
pola normativa vixente para actividades non lucrativas.
Artigo 32º.- A Asemblea Xeral
Ordinaria, a proposta da Xunta Directiva, aprobará tanto as cotas ordinarias
como as extraordinarias que non serán reintegrables en ningún caso. O recadado
dedicarase a atende-las necesidades da asociación.
Artigo 33º.- Anualmente con
referencia ó ultimo día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as
contas, que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición dos/as
asociados/as, durante un prazo non inferior a 15 días ó sinalado para a
celebración da Asemblea Xeral Ordinaria, que deberá aprobalas ou censuralas.
Artigo 34º.- Para a disposición de
fondos das contas que a asociación ten nas entidades bancarias será necesaria a
sinatura conxunta do presidente e do tesoureiro.
Artigo 35º.- Como entidade sen ánimo
de lucro, en ningún caso poderán ser distribuídos entre os/as asociados/as os
recursos obtidos pola asociación.
CAPÍTULO V
DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
Artigo 36º.- O regulamento de réxime
interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas
directamente nos presentes estatutos, como o procedemento disciplinario, non
podendo ir en ningún caso en contra do estipulado neles. En todo caso, o
funcionamento interno da asociación estará sometido ó ordenamento xurisdicional
civil.
CAPÍTULO VI
MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN
Artigo 37º.- Os presentes estatutos
só poderán ser modificados por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria
convocada para tal efecto, adoptado polas 2/3 partes dos asociados. A proposta
de convocatoria deberá ir acompañada do texto das modificacións propostas.
Artigo 38º.- A asociación
disolverase voluntariamente por acordo dos asociados adoptado polas 2/3 partes
dos asistentes á Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto.
Artigo 39º.- Acordada a disolución,
a Asemblea Xeral extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores, que
xunto o/a presidente e o/a tesoureiro/a, procederán a efectuar a liquidación
dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido
resultante.
Artigo 40º.- O haber resultante unha
vez efectuada a liquidación, doarase a outra asociación non lucrativa e
inscrita na mesma provincia con fins iguais ou similares ós da Asociación, ou
no caso de non habela, a outra inscrita na mesma Comunidade Autónoma.
O xustificante da doazón
será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición
da disolución da asociación.